Consternación na hostalaría de Xinzo e en toda a cidadanía

Consternación na hostalaría de Xinzo e en toda a cidadanía

Un dos referentes do sector na comarca deixounos onte a noite

Dunha maneira repetina e tras un pequeno malestar, o responsable, xunto coa súa muller da cafetaría “Rudi” deixounos na tarde de onte.

Todo será distinto pasear pola praza Maior e non encontrar a figura de Rudi, na porta saudando e dialogando cos clientes e transeúntes.

As nosas condolencias a súa muller e o seu fillo particularmente e por extensión a toda a súa familia.

Moitos non residentes en Xinzo,e turistas, recordarán a Rudi, posto que o seu establecemento é dende fai moitos anos referencia e punto de encontro na vila de Xinzo.

Por expreso desexo , non se recibe duelo. D.E.P.