O tren de Nadal, chegou a praza Maior de Xinzo
20:46 16/12/21
20:46 16/12/21
Tamén conta cunha moderna estación con reloxio
Case coincidindo coa chegada do AVE a Ourense, Xinzo conta desde esta tarde/noite tamén cun tren completo con máquina e vagón.
Esta tarde chegou o último obxecto decorativo destas festas de Nadal, que dende primeira hora fixo as delicias dos cativos que se achegaban ata a praza. Algún pai que acompañaba a seu fillo interpelou ao concelleiro preguntando si non se podía levar ata o barrio do Villasana, porque non había maneira de baixar ao seu cativo.
O Concelleiro responsable, Penabad, estivo vixiando a montaxe cunha cara de satisfacción que non podía disimular, sobre todo despois de recibir as felicitacións de todos os que se achegaban ata a praza.