Cousas que só poderás ver no Entroido de Xinzo

Cousas que só poderás ver no Entroido de Xinzo

Estas rapazas xeraron unha gran expectación en torno a un escaparate na Praza Maior.

(Baixa ata o final do artigo para ver o vídeo exclusivo do dendealimia.com)

Aqueles que algunha vez tiveron a sorte de visitar o Barrio Roxo da cidade holandesa de Amsterdam, rapidamente se marabillaron co que estas tres rapazas lograron recrear nun dos escaparates da Praza Maior de Xinzo de Limia. Tamén houbo a quen lle lembrou ao famoso Moulin Rouge de París. O caso é que a idea estaba tan currada, que non pasaron desapercibidas.

IMG_8594

A cidade centroueuropea é mundialmente coñecida polos seus escaparates nos que, dende hai séculos, as prostitutas exercen a súa profesión de maneira totalmente regulada.

IMG_8602

Dunha maneira moi elegante, estes famosos escaparates apareceron por primeira vez no entroido máis longo do mundo, para sorpresa e aplauso dos presentes. O Dende a Limia tráeche o vídeo e fotografías para que o comprobes por ti mesmo.

IMG_8610