Café con...Amador Díaz Penín
Amador Díaz Penín, todo o mundo da Limia o coñece, por varias facetas, pero sobre todo pola de agricultor e pataqueiro. Loitador polo mundo do campo e do sector primario. Loxicamente tamén como político, xa foi dúas veces tenente de alcalde, 8 anos. O que poucos coñecen del é que naceu en en Alemania. Loxicamente sabía falar alemán con 5 anos, agora ten 50, pero dende esa idade na que se veu para Galicia, todo se lle esqueceu. Si a maioría sabe que foi o primeiro envasador de pataca de calidade, que foi o primeiro que vendeu por internet, pero poucos saben que os sobriños que viven habitualmente en Alemania, comen patatas Guays, pero non patatas AMA, porque, de momento, non pode envialas ata ese pais por problemas burocráticos, aínda que si ten clientes ala, que llo reclaman cando están de vacacións na Limia.
E para rematar esta introdución, dicir que foi un dos rapaces que fixo o preescolar na casa cun dos mestres mais recoñecidos da comarca e rematou os estudios que hoxe serían a primaria en Sarreaus. Animado por outro profesor, tamén coñecido na Limia, enrolouse na Formación Profesional, o cal recoñece hoxe que foi un acerto.

Como agricultor, sempre foi innovador, ademais dos produtos típicos que se colleitan na Limia, pataca, cereal, e colza, nestes momentos tamén ten unha plantación de pistachos, que espera probar dentro de 3 anos.
Pois si, e pistachos, fixen unha plantación pequeniña, duns 1500m , están no segundo ano, de momento van ben, esperemos que no quinto podamos probalos.
Cada 3 minutos soa o teléfono con alguén que quere preguntarche que lle bota a terra, que lle bota as patacas, que lle bota o trigo, pero a ningún lle preguntou a que vota....
E que da miña vinculación con COLUGA pois hai clientes que asesoro , que axudo , xente que confía en min , e levamos as explotacións desa xente adiante, os cultivos mais ben, non as explotacións.
Confían tanto que te elixen presidente dos pataqueiros ?
Bueno , eu fun a persoa que tomei a iniciativa e hai xente que loxicamente confía en min, e foi un momento no que se logrou crear a asociación, ainda que eu non as tiñas todas comigo pola historia aínda recente da cooperativa .
Que recordas da cooperativa?
Eu moi pouquiño, porque era moi novo. Non recordo que pasou realmente, pero si que deixou unha pegada grande dentro da comarca, ainda hoxe esta presente.
Tu crees que se nota? Tu notalo?
Si, en certas persoas a hora de facer un proxecto en conxunto aínda pesa, sobre todo na xente maior, na xente mais nova xa non ten ese recordo, entón xa e mais doado chegar a xuntarse con alguén ou compartir apeiros. Pero aquelo si que foi un golpe grande para esta comarca.
Cando entrou Amador en política?
A miña primeira ocasión foi na candidatura do BNG no 99. Eu ía de número 5 na candidatura do BNG. Pasado un ano ou ano e algo, foi cando dimitiu Suso Laxe e Manola Cid, e correu a lista e topeime de tenente alcalde no concello de Xinzo, Concelleiro de Cultura, con 28 anos.
Como foi aquela experiencia nun goberno tripartito?
Pois foi unha experiencia mais. Foi unha experiencia onde eu acababa de aterrar e nunca estivera en política e onde pois posiblemente diría “me la metieron doblada” unhas cantas veces, jajaja

Houbo moita diferencia entre aquel goberno Tripartito e este goberno Cuatripartito?
Si, eu creo que si, porque para min Iglesias Sueiro foi unha persoa leal dentro de aquel goberno, e con Jose Antonio algunhas veces o despacho estaba pechado ou reunido con alguén, iso indicaba que, o mellor non había esa transparencia, esa confianza.
Neste goberno foi totalmente distinto, no momento en que se fan 7 grandes areas, aínda que loxicamente as decisións importantes , proxectos importante hai que tomalos entre todos, creo que foi mais doado porque cada un podía traballar no seu campo e dedicarlle esforzo, traballo e cariño.
O primeiro reto era aguantar
Eu non ía con esa mentalidade de aguantar ou non aguantar, aínda que si que na rúa se dicía que durariamos un mes, 2 meses, 3 meses... Pero eu creo que había boa sintonía, Moncho fora concelleiro no PSOE, eu fora concelleiro no BNG, Manolo fora concelleiro no BNG. Eu creo que acabamos ben.
Por que marchas do BNG de aquelas?
Pois, eu creo que como moitos, cando foi aquela reunión en Amio, o partido celebrou alí o congreso, naquel momento había dúas listas, e despois de producirse a votación viñamos polo camiño dimitindo un montón de xente, e eu fun un de eses.
E porque volves a reenganchar?
Fai 4 anos póñense en contacto comigo unhas cantas persoas para participar nas listas electorais e había un grupo que me animaba a que fixera unha lista independente, entérome de que a Moncho lle esta pasando o mesmo, chamou por telefono e acabamos montando unha candidatura independente. Eu tiña claro que non me apetecía ir debaixo dunha sigla política, e esa circunstancia favoreceu que puideramos montar AXIL.
É o mesmo panorama político que hai hoxe en día?
Non, é totalmente distinto, a sociedade o final acaba dicindo que todos somos iguais, o político esta mal visto sempre, que esta aí porque lle interesa, iso segue sendo o mesmo, pero haberá que cambialo. Hai que cambialo con feitos, pero é “fastidiado” que xulguen a todo o mundo por un igual.
Ti sentes iso dentro do electorado de Xinzo?

Si, si, eu creo que si. O electorado nunca vai estar contento, e a desgracia do político, é que loita por aquelo, consígueo pero non se acaba, e dicir, empeza con outra cousa. As veces non se desfrutan os grandes proxectos que se fan e a xente cada vez quere mais e mais, pero existen limitacións, sobre todo cando son económicas.
Sentídevos, ti mais o teu partido, recompensados cando andas pola rúa, por todo o esforzo que lle dedicastes?
Eu creo que a min dime moita xente que o fixemos ben e tamén temos críticos, pero sempre soe ser os mais críticos os que te votan, os que te apoian. Eu sinto que si, considérome afortunado, e penso que fixen cousas que recoñece a xente.
Creo que esta é a primeira vez que o panorama político de Xinzo está totalmente aberto, porque todos tendes acceso a sentarvos no sillón municipal. Como o ves?
Pois eu véxoo con moitas ganas. Eu xa puiden sentarme no sillón hai 4 anos , pero non forcei a maquina para iso, non sei si acertei ou non acertei, pero creo que agora estou en posibilidades de collelo, co respaldo da xente, e é o que quero. Co apoio da xente poder, non sei o panorama que se dará, pero eu aspiro a ser a forza máis votada, con todo o cariño, e loitaremos por iso para intentar poder ser alcalde con respaldo.
Que lle dis os que din: “O Amador non se ve polo concello”?
Eu si que veño, si que estou. Non estou 8 horas porque eu non cobro nada no concello, pero iso non implica de que son concelleiro de Medio Rural e o meu contacto é diario, eu sei onde esta o “bache” , eu sei onde esta a pista mal arranxada, estou en contacto coa xente e sempre onde hai que estar, cando hai estar nun acto, cando hai que estar en calquera sitio, e creo que estiven sempre e demostrei que si.
Cantos “baches” quedan por arranxar?
Pois acabamos de licitar un Menor que están dando nos pobos, Casas da Veiga, unha pista en Lamas, unha pista en Damil, unha pista en Rebordechá. E estamos a punto de licitar un Maior que tamén arranxaremos unhas pistas que están nalgúns núcleos, a pista da Roda en Xinzo, onde o parque. Vamos a licitar un Maior para intentar acabar a lexislatura, actuamos en todos os pobos nos que os accesos estaban feitos un desastre, temos que dicir que son centos de Quilómetros os que temos e non hai moitos cartos, pero aínda así creo que fomos capaces de facer un “bacheo” espectacular.
Casualmente deixámolo para o ultimo ano, as costumes seguen sendo as mesmas?
Non, nos tódolos anos estivemos licitando, a brigada de Deputación veu 2 veces a asfaltar. Nos actuamos en todos os pobos do concello, que son 32, non se fai todo na ultima lexislatura.
Os do polígono industrial quéixanse moito, teñen razón ou non teñen razón?
Ao mellor algún é candidato nalgunha lista dos que se queixan, entón ... non sei, eu teño que dicir Moncho reuniuse en varias ocasións con eles, pediron varias cousas, eu creo que se foron facendo puntualmente, e claro que habería que facer moitos mais. O concello ten que facer un gran esforzo en que se faga unha ampliación urxentemente, facer un edificio de reunións, o concello ten que estar co sector. Haberá que facer reunións permanentes e haberá que ver necesidades. Puxéronse as cámaras, sinalizouse, puxéronse os letreiros , pero sempre quedan cousas por facer.
Cando arranca AXIL a campaña?
Arrancouna no 2019 cando saíu elixido, eu creo que nos estivemos 4 anos facendo campaña e agora tócanos facer unha lista, renovala, e nuns dias anunciaremos a candidatura, as incorporacións e humildemente seguiremos traballando. Nos temos que xuntar as firmas, presentala, e aí estaremos. Cada lexislatura hai que facer o papeleo.
Este ano consegues estar dentro do Consello Regulador, ser vicepresidente, que vai aportar Amador a ese novo Consello Regulador?

Dentro da representación que lle poida dar como produtor, eu intentarei aportar ideas, o final eu creo que teño demostrado nesta comarca que son un loitador incansable do agro. A pataca non so ten que dar beneficio aos agricultores e aos almacenistas porque se o agro vai ben na Limia a vila vai ben. A miña intención é aportar cousa, como fixeron noutros consellos como os do viño, que medraron coma a espuma. Por que non se poida facer algo similar ca pataca?. A cuestión é poderlle dar realmente o valor que ten, aquí prodúcense 120 millóns de quilos, pero ao final hai que valorala, que os agricultores, os almacenistas saquen a maior rendibilidade e despois que nese polígono, que xa tiña que estar nesta lexislatura medio montado, que haxa mais transformación, entón xa eu creo que seria a pata da mesa que falta.
Levase falando desa transformación 15 anos, porque non se logra?
Porque fan falta empresas que veñan, a Administración, o sector, eu creo que hai que ir conxugando para que pase como en Holanda. En Holanda toda pataca sae transformada, ou en semente, porque non aquí , eu creo que temos que copiar modelos que hai que intentar arrastralos.
Remata aquí un resumo do extenso café, cun dos personaxes que sen dúbida dará moito que falar no ámbito da política municipal despois do 28M