Xinzo está presente na feira de Xantar
20:19 09/11/22
20:19 09/11/22
Entroido-Esquecemento-Patacas e artesanía
Esta mañá abriu as súas portas a feira Gastronómica e Turismo XANTAR na súa 23 edición en Expourense.

O concello de Xinzo está presente na mesma cun stand de grandes dimensións na que expón os potenciais turísticos do concello como O Entroido e O Esquecemento, así como os produtos de artesanía ademais do produto principal da economía da comarca, a pataca. Pataca en diferentes presentacións, entre ela uns cucuruchos con puré de pataca con virutas de pataca frita, que foi un dos atractivos dos que veñen a feira a degustar os produtos diferentes que presentan, concellos e empresas.