Montse Lama, concelleira NON adscrita, arremeteu contra todos, no último pleno en Xinzo

Rifi rafe" entre as dúas "Lama"; Elvira e Montse
Montse Lama, concelleira NON adscrita, arremeteu contra todos, no último pleno en Xinzo

A todos os que están aí sentados lles poría unha multa, primeiro, porque non cumpren a distancia de seguridade

A todos os que están aí sentados lles poría unha multa, primeiro, porque non cumpren a distancia de seguridade, non cumpren o requisito de estar tantas persoas sentadas nun lugar, sendo NON convivintes e non lle están dando exemplo a toda a cidadanía que nos está vendo nas redes sociais polo que pediría que lle puxeran unha pequena multa a todos os que están sentados no salón de plenos, e porque non cumpren coas obrigas como persoas.

Montse Lama 4Montse Lama, na súa primeira intervención no plenario de Xinzo, fora do seu partido de Cidadáns e agora dentro do grupo de Non adscritos, non dubidou en permanecer na neutralidade que anunciou ata o final de lexislatura, aprobando e apoiando propostas tanto do grupo cuatripartito, como foron os presupostos, pero non desaproveitando a ocasión para criticar as posturas partidistas do PSOE e BNG na Deputación e na Xunta, votando en contra de propostas que solo redundan en beneficio dos cidadáns.