O concello continúa co rego asfáltico das rúas do casco urbano de Baltar.

Rúa recen asfaltada en Baltar
O concello continúa co rego asfáltico das rúas do casco urbano de Baltar.

Coa axuda da Deputación aportando o concello os materiais cunha inversión superior aos 100.000 €

A principios do verán no núcleo da capitalidade de Baltar comezaron as brigadas da Deputación, coa súa maquinaria, o rego e asfaltado de todas as rúas. Por motivos estratéxicos e sen rematar foron facer o de outros pobos grandes como a Boullosa, e agora neste mes volven para Baltar para rematar o asfaltado.

MÁIS DE 100.000 €

20230907_125833

Estas obras, que continuarán en demais pobos do municipio estanse acometendo con cartos do remanente do ano anterior que ten o concello. Completaranse , unha vez que remate en Baltar algunhas rúas dos pobos de Boullosa, San Antoniño, A Quintá , Montecelo e a San Paio, mentres que a climatoloxía o permita. Nestes últimos pobos o rego terá que facerse a man, porque as máquinas non poden pasar por certos lugares dos mesmos.