Descifrar as mensaxes do noso corpo axudaranos a recobrar a saúde máis rapidamente
Esta é a premisa da que parte o taller Emocións, estrés e Enfermidades da Escola Rural de Saúde da Limia
REDACCIÓN
Twitter: @Dendealimia
Existe unha relación entre as emocións e as doenzas físicas. Coñecela será o obxectivo do vindeiro taller que prepara a Escola Rural de Saúde da Limia, Emocións, Estrés e Enfermidades. Nesta actividade comandada por Carlos A. Martí Cerdeña, experto en nutrición e terapias ortomoleculares, osteópata e especialista en psiconeuroinmunoloxía pola holandesa Clínica Numansdorp, trataranse tamén as patoloxías derivadas da relación entre as emocións e o mal funcionamento do sistema dixestivo. A cita será o vindeiro xoves 26 de xuño entre as 16:30 e as 19:30 horas na Casa da Cultura.
Desde a coordinación da Escola Rural de Saúde da Limia recordan que segundo a naturopatía, a enfermidade implica unha causa, síntomas, signos clínicos, unha evolución e un tratamento. Así, desde esta disciplina as doenzas son un signo que nos manda o noso corpo para informarnos de que un conflito que vivo para comigo e/ou o meu entorno. Descifrar as mensaxes do noso corpo axudaranos a recobrar a saúde máis rapidamente, esa é a premisa da que parte o espírito deste último obradoiro que preparan para os limiaos. Tamén quixeron citar deste esta asociación as verbas de Enric Corbera, psicólogo especialista en BioNeuroEmoción: A enfermidade é o esforzo que fai a natureza para sandar ao home. Non hai que loitar contra ela, senón integrala, comprendela y transcendela.