Coche conectado e seguridade nas comunicacións

coches-conectados_hd_65166
Coche conectado e seguridade nas comunicacións

coches-conectados_hd_65166Nos coches, xa fai anos que é xeneralizada a inclusión dun ordenador que recolle e almacena información dos moitos sensores distribuídos polo auto. A utilidade deste sistema é clara tanto para o usuario do coche como para os fabricantes e mecánicos que teñen que facer o mantemento e reparar o automóbil. Co paso dos anos os sensores e controis electrónicos foron gañando terreo e neste momento xa non se concibe un coche sen unha electrónica asociada. O seguinte paso estaba claro, que o usuario puidese ter toda esa información nos seus dispositivos e que os fabricantes puidesen saber o estado de todo o seu parque automobilístico en tempo real. Para conseguir isto hai que conectar o coche a unha rede e enviar a información a algún sitio que a almacene e a poña a disposición tanto da industria como do dono do coche nos términos que se estipulen.

Para un fabricante de coches, ter acceso á información de todos os coches que están na rúa é realmente unha fonte de coñecemento extremadamente útil, xa que utilizando os sistemas de procesado adecuado poderán extraer conclusións moi valiosas. A importancia é tal que este ano anuncian o salón do automóbil de Barcelona (AUTOMOBILE BARCELONA) como 1 salón 2 eventos, no que un deste eventos se chama CONNECTED HUB e está adicado en exclusiva ao coche conectado, e así o recollían os titulares da prensa o día da inauguración.

Un dos temas mais importantes que se están a debater neste eido é o modelo de explotación dos datos xerados. Por un lado están as grandes firmas tecnolóxicas que teñen as infraestruturas de rede e almacenamento montadas e que están acostumadas a xestionar e sacarlle rendemento a todos os datos que se poden xerar, e por outra banda, están os propios fabricantes de automóbiles que non queren perder o control deses datos pero que carecen (ou carecían) dos sistemas adecuados para almacenar e explotar os resultados da información xerada. Xa se están coñecendo grandes alianzas entre os fabricantes e os principais provedores de servizos tecnolóxicos .3087fd1f3b822a54ca3d5e9738e29e6b

A pregunta que xorde é, que nos aporta a nós como usuarios?.

De forma inmediata xa hai coches que permiten consultar un montón de parámetros dende un dispositivo conectado como pode ser o teléfono móbil. Podes saber onde está o coche, abrir as portas, prender as luces, facer que pite, incluso acender o coche... No futuro estas utilidades iranse incrementando de forma exponencial ao ritmo en que aumente o número de coches conectados, e falo no senso de utilizar a información de maneira colaborativa, como por exemplo saber se hai algún atasco na ruta a seguir.

Pero despois do acontecido nesta semana, non podemos pasar por alto os riscos inherentes a dotar aos coches dun sistema de telecontrol porque hai que supoñer que os sistemas van a ser atacados en algún momento dado, e se hai telecomunicacións polo medio as consecuencias poden ser moito mais graves.

Por exemplo, se alguén é capaz de romper o sistema de telecontrol do coche, tería acceso total a el e sabería onde está, se está aparcado ou en movemento, podería abrilo e incluso poñelo en marcha sen forzar ningún elemento mecánico e todo isto a distancia sen necesidade de achegarse ao coche. Destes hakeos xa hai varios exemplos ata agora feitos por investigadores, como o hakeo dun Jeep Chrysler por parte de dous americanos, ou o feito por tres informáticos chinos a un Tesla Model S.

ford-tecnologiasPero é que ademais, se alguén entra no sistema central de control dun fabricante tería acceso a todos os coches que hai en circulación dese fabricante, sabería o estado real en que se atopan, e podería abrir e poñer en marcha calquera coche en calquera parte do mundo. Poderíase crear un catálogo e ofrecerllo a quen quixera roubar un coche sen necesidade de moverse do sitio. Dende aquí poderíase abrir un coche en Australia e que alguén residente alá o roubase usando os permisos que se lle proporcionen a distancia.

Isto non quere dicir que estea en contra do coche conectado, nin moito menos, simplemente é un recordatorio de que hai que facer as cousas con sentidiño (e por suposto medidas de seguridade).

Manuel Pozo Fariñas.