Unha feira máis limpa?

PHOTO-2019-07-27-15-57-34
Unha feira máis limpa?
Tras a feria as rúas de Xinzo lucen distintas a anos anteriores?

A pesar da choiva non foron poucos os que decidiron saír a recorrer os postos da feira na procura de roupa, calzado ou calquer aparello a bo prezo para despois desfrutar do tradicional polbo, tan consumido nos días nos que os feirantes pasan por Xinzo.

IMG-8151

Con rúas e calzadas visiblemente máis limpas, esta feira do 27 de xullo abriu con bo pé a medida imposta polo concello de Xinzo de Limia que obriga aos feirantes a recoller os residuos xerados durante as horas de traballo, pois ao final non se trata só de comprar e vender, senón tamén de preservar a limpeza das rúas polas que pasean todos e todas.

PHOTO-2019-07-27-15-57-34 (1)

Con multas que van dende os 100 euros polo incumprimento da normativa preténdese, ademais de mellorar a limpeza do concello e dar unha cara máis pulcra, tanto para os veciños como para os novos visitantes, coidar o medioambiente prohibindo verter residuos que tardan anos en desaparecer e que, nalgúns casos, poden resultar tóxicos. Deste xeito os feirantes tamén interveñen no correcto mantemento dos espazos públicos.

Unha medida máis, un paso máis nesta campaña para conseguir un ''Xinzo limpo'' que se suma ás outras labores de embelecemento da vila.