Cruz Vermella de Xinzo celebra o Día Mundial dos Primeiros Auxilios cunha carpa informativa

cruz
Cruz Vermella de Xinzo celebra o Día Mundial dos Primeiros Auxilios cunha carpa informativa

O vindeiro venres celébrase o Dia Mundial dos Primeiros Auxilios motivo polo que a Cruz Vermella de Xinzo instalará unha carpa na Praza Maior.

A intención é proporcionar unha serie de recomendacións á cidadanía así como nocións básicas en prevención de accidentes e primeiros auxilios. A maiores habera unha zona lúdica para os máis pequenos.

O obxectivo desta actividade é sensibilizar á poboación sobre o feito de que os primeiros auxilios son fundamentais para salvar vidas.

A carpa abrirá as súas portas ás 17h.

A actividade forma parte do Tour de Primeiros Auxilios que leva a cabo Cruz Vermella e Hansaplat e que xa leva percorridas 19 provincias, comezando en Xaén no mes de xuño e rematando en Ourense o vindeiro 2 de outubro.