SANDIÁS INICIOU UNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPAMENTO CONCILIA 2023

SANDIÁS INICIOU UNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPAMENTO CONCILIA 2023
Estará aberto ata o 6 de setembro

O Concello de Sandiás presenta unha nova edición do campamento “Concilia 2023” para este verán. As actividades que se van a realizar son de tempo libre e promoción cultural para nenos, nenas e xuventude do concello. Todas estas actividades serán desenvolvidas dende o 26 de Xunio ata o 6 de Setembro, en horario de 9.00 h- 14.00 horas.

foto 19

Primeiros días do Campamento de Verán e moita actividade, prácticamente toda ao aire libre. Trátase dun programa didáctico de múltiples actividades de tempo libre e de promoción cultural destinado a poboación infantil e xuvenil durante os meses de verán. A organización das actividades cada dia da semana viran ao redor dunha riqueza moi ampla de temáticas: xogos cooperativos adaptados, xogos populares non competitivos, conta-contos, actividades deportivas, obradoiros de xoguetes reciclados, actividades artísticas (debuxo, pintura…), música e baile, xincanas coeducativas, uso seguro das novas tecnoloxías, educación emocional, técnicas de resolución de conflitos, etc. Inclúe tamén un día de festa infantil con inchables xogos, música e obradoiros varios.

Atelier Social pon a disposición persoal coa formación requerida na convocatoria e para o correcto desenvolvemento das actividades así como materiais didácticos e equipamento necesario. O campamento xa está en marcha coa maravillosa animación dun equipo pertencente a entidade que xestiona proxectos sociais, Atelier Social.