O cheque de 1600 euros que sorteaban os comerciantes de Xinzo xa ten donos

sorteo 2
O cheque de 1600 euros que sorteaban os comerciantes de Xinzo xa ten donos

Rosa López, Víctor, María Castro e Concepción Martínez son os agraciados

A 13.30 deste xoves tivo lugar o sorteo na Praza Maior de Xinzo. Algúns dos comerciantes xuntáronse no céntrico espazo con tódalas papeletas. O resultado final é que catro persoas se levaron os premios. Rosa López gañou 500 euros por comprar en Pikaros; Víctor levou 500 euros pola súa compra na Tenda de Susi; María Castro conseguiu 350 euros ó mercar en Carlin e Concepción Martínez 250 euros por comprar en Bendita Locura. Agora poderán invertir o que gañaron nas distintas tendas que participaron na iniciativa.

Tivo que repetirse o sorteo dun dos premios de 500 euros, pois a primeira persoa á que lle tocou deixou un número de teléfono que non existe, polo que se procedeu a sacar outra papeleta. sorteo 1

As gañadoras e gañador deste cheque foron chamados no momento e recibiron a nova con moita alegría.

Os comerciantes de Xinzo fan un balance moi positivo desta inciativa e anuncian que xa están traballando en novas propostas. O fin é fomentar o comercio local e que a xente merque nel. Do mesmo xeito sinalan que tódolos comercios poden entrar a participar destes proxectos, pois non xorden dende ningunha asociación, simplemente son os propios comerciantes que se xuntan para loitar polos seus negocios.