Veciños e veciñas de Sandiás amosan a súa arte na 3ª exposición de pintura, manualidades e restauración

Veciñas que participaron na elaboración de cuadros expostos
Veciños e veciñas de Sandiás amosan a súa arte na 3ª exposición de pintura, manualidades e restauración
Tratouse dunha mostra composta de 58 obras plásticas con temáticas referidas a paisaxes, bodegóns, flores, mariñas, motivos infantís;

Froito dos traballos do Obradoiro de Pintura, Restauración e Manualidades, dentro do Programa "Mantente Activo" que se desenvolveu na Casa de Cultura ao longo do ano 2023, tivo lugar a inauguración o pasado martes 8 de agosto a III Exposición de Pintura, Manualidades e Restauración na Casa de Cultura do Concello de Sandiás.

foto 1. portada
Momento da inauguración

A inauguración estivo acompañada de preto de 60 veciños e veciñas das aldeas e arredores. Inaugurou a exposición o alcalde Felipe Traveso e presentou as obras o coordinador do obradoiro, o pintor #XoséEladio.

Tratouse dunha mostra composta de 58 obras plásticas con temáticas referidas a paisaxes, bodegóns, flores, mariñas, motivos infantís; preto de oito pezas de manualidades e restauracións como xarróns, bandexas, cadeiras, carros, baúis e cabezales elaborados todos no obradoiro ao longo do ano.

foto 14
Veciños visitando a exposición

En definitiva, unha magnífica mostra que pon de manifesto o potencial artístico creativo dos veciños e veciñas para educar e gozar coa mirada e que se pode seguir visitando ata o 22 de agosto de martes a domingo entre as 16:00 e as 20:00 h.