Moita xente para tan pouco desfile
O cambio para a mañá quizás trouxo a mais xente, pero a calidade e cantidade de “desfile” haberá que estudialo.
O día ameazaba chuvia, pero ao final solo foron catro gotas que non asustaron a ninguén dos centos de persoas que ateigaban de xente as rúas por onde ía pasar o “desfile” do Entroido 2023. As expectativas eran grandes por ver a resposta do público, que como dicimos foi grande, non así a cantidade e a calidade do desfile que ano tras ano, referíndonos ao 2020 en anteriores, cada vez vai sendo peor. Ou polo menos é a opinión dos que se manifestan tanto nas rúas como nas redes sociais.

GAÑAS DE DESCANSAR
Esta tarde preto das sete, hora da instantánea da carpa da praza, eran poucos os que se resignaban a abandonar a festa, pero moitos os que xa non estaban. Tamén a temperatura que facía a esas horas, non se parecía en nada a primavera que desfrutamos durante os catro días anteriores.
