De "MERCENARIO" e "ILEGAL" cualifica o acto desta mañá do presidente da Xunta en Xinzo
Nota de prensa do PSdG-PSOE :
O PSdeG-PSOE denuncia a celebración dun acto “mercenario” e “ilegal” do PP para “tratar de comprar vontades” dos veciños e veciñas en plena campaña electoral, “regando a comarca da Limia con subvencións”. Os e as socialistas consideran que os e as conservadores “converteron e venderon” a sinatura dun convenio administrativo da Xunta de Galicia cunha comunidade de regantes nun “mitin electoral do PP plagado de pompa, publicidade enganosa, propaganda barata e mentiras”, polo que acudirán a denunciar estes feitos ante as autoridades que correspondan.
“Usar cartos públicos de todos e todas para vender logros e recibir aplausos, nese mitin disfrazado de acto do goberno de Galicia é bochornoso”, advirten desde o PSOE de Xinzo antes de sinalar que “non imos permitir que, unha vez máis, enganen á veciñanza con estas pantomimas”.
“O presidente galego, Alfonso Rueda, e o alcalde de Xinzo posto a dedo polo Partido Popular, Amador Díaz, citaron hoxe pola mañá a todos os regantes da Limia a un acto electoral público, para vender o financiamento das bombas dos pozos de regadío”, unha cita que eles definen como a sinatura dun convenio, pero que “realmente foi un acto de propaganda de partido e un aplausómetro persoal pagado pola Xunta de Galicia de todos e todas no medio dun parque da vila”, algo “inadmisible nunha democracia plena”, sinalan desde o PSdeG-PSOE en Xinzo.
Van reclamar á Xunta que “non pague unicamente as bombas e os pozos e que sufrague tamén o 20 % do custe que deben poñer os propios regantes do seu peto” e que lles abonen tamén o IVE
“A cita de hoxe na Alameda do Toural, nun acto prohibido claramente pola lexislación electoral e polo restante acervo normativo, demostra a total desfachatez da Xunta do PP e do alcalde Díaz, aos que todo lles vale con tal de tratar de rabuñar un puñado de votos, mercadeando co financiamento dos regadíos como si foran mercenarios”, insisten os e as socialistas, que reclaman aos conservadores “parar de inmediato este tipo de afrontas contra o xogo limpo e as normas máis básicas da democracia”.
“Si o ano ten 365 días, xa é casualidade que esperaran xusto ao comezo da campaña electoral e a só 12 días da xornada de votación das eleccións xerais, para anunciar en solitario o financiamento adicional dos motores para extraer auga dos pozos da comarca, pozos que xa están feitos desde hai seis meses” matizan os e as socialistas antes de denunciar que “o Presidente da Xunta e o Conselleiro do Medio Rural, co beneplácito do alcalde posto a dedo polo PP, nin teñen vergonza nin respectan a lexislación, convocando aos regantes polas redes sociais a un claro acto de propaganda política para vender os seus presuntos logros”.
“Actuaremos coa contundencia que merece esta deplorable actitude, denunciando todas as prácticas ilegais e antidemocráticas dos que se rebaixan a arrabuñar un puñado de votos e vontades, por se non estaban xa asegurados entre os regantes”, aseveran desde o PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia antes de concluír anunciando que van reclamar formalmente á Xunta de Galicia que “non pague unicamente as bombas e os pozos e que sufrague tamén o 20 % do custe que deben poñer os propios regantes do seu peto” e, si é posible, que lles abonen tamén o IVE