Moitas consultas e moitas respostas

Moitas consultas e moitas respostas

Na reunión de retornados limiáns de Alemania, convocada polo PSdG-PSOE da Limia

Na tarde do venres o salón de plenos da consistorial de Xinzo encheuse de veciños e veciñas, todos eles cun denominador común, o ser retornados de Alemania.

A xuntanza organizada polo PSdG-PSOE da Limia estivo presidida por Elvira Lama que estivo en todo tempo acompañada por Alberto Martínez e polos responsables do partido que despois de facer unha presentación do tema a tratar, as cotizacións as facendas de España e Alemania, tema moi controvertido nos últimos meses a raíz dos requirimentos das dúas administracións, respostaron individualmente a todas as cuestións prantexadas polos veciños.

A reunión alargouse por espazo de case dúas horas, posto que as cuestións formuladas polos asistentes foron moitas.