Chegan reforzos para o Antela
23:37 08/01/19
23:37 08/01/19
Acaba de fichar para a portería a Berto.
Actúa de porteiro e ten un longo historial pola Terceira División. Xogou nesta categoría co Ourense 4 tempadas e 6 co Barbadás. O ano pasado estaba no Bande.
"Veño ó Antela pola insistencia de Moisés. Fomos compañeiros e conservamos a amizade. Lémbrome de xogar contra o Antela nas categorías inferiores. Diso xa choveu. De Xinzo coñezo pouco pero destaco o famoso entroido e a festa do Esqvecemento"
"Espero facelo o mellor posible e a nivel grupal conseguir resultados positivos"
Berto é natural de Ribadavia, destaca no un contra un e posúe unha gran xerarquía