Sarreaus quere mellorar a saúde e o benestar no seu municipio

nocelo de pena
Sarreaus quere mellorar a saúde e o benestar no seu municipio
Puxo en marcha a Escola de Saúde de Sarreaus

O Concello de Sarreaus conta cun alto índice de poboación envellecida, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística. En 2018 máis do 50% das persoas que nel residen teñen máis de 65 anos, polo que se fai necesario desenvolver intervencións dirixidas a conter a dependencia, gañar en saúde e a previr as enfermidades, iniciativa que se desenvolve no marco da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde.

Co obxectivo de promover un envellecemento saudable e conseguir gañar anos de vida en boa saúde e libre de discapacidade, o concello promove unha sociedade na que os individuos e familias poidan alcanzar benestar e autonomía, e na que traballar pola saúde asúmase como unha tarefa de todos. Dentro dos recursos e espazos públicos que o concello dispón, facilítase un marco común para a promoción da saúde e a prevención ao longo de vida, promovendo a participación da poboación para incrementar a súa autonomía e capacidade para exercer un maior control sobre a a súa propia saúde.

O Proxecto Promoción da Saúde márcase como obxectivo fomentar a saúde e o benestar da poboación promovendo contornas e estilos de vida saudables. Para ese efecto, o Concello desenvolve Escola de Saúde de Sarreaus, no que se realizan encontros coa finalidade de reforzar a participación social e mellorar o benestar, fomentando o uso dos recursos dos disponse, impartindo formación e información en educación para a saúde e ofertando un programa de actividade física multicomponente especialmente dirixida á poboación maior