Novas visitas programadas ao pazo de Telleyro en Sandiás e ás areeiras

Pazo do Telleyro
Novas visitas programadas ao pazo de Telleyro en Sandiás e ás areeiras

O 29 de xullo dende de 16:00 a 18:00 e de 18:00 a 20:00

A visita guiada tamén inclúe as areeiras de 09:30 a 13:30

A “Cultura no Verán” non para tampouco en Sandiás. O Concello organiza unha III Visita Guiada polo Pazo do Telleyro (Couso de Limia), parte do importante patrimonio monumental. Unha boa oportunidade para descubrir a fidalguía e a cultura palaciana no rural ourensán. O Pazo é un dos máis belos e con máis carácter da comarca da Limia Alta. Emplazado ao carón do Camiño Real, base do Camiño de Santiago de peregrinación, ten máis de tres séculos de historia.

Despois do éxito da I e II Visita dos anos pasados con máis de dous centenares de demandantes da actividade, este ano volve un novo roteiro executado de maneira maxistral, con ciencia histórica, memoria e imaxinación por Claudia Cabrera, especialista no tema con estudos avanzados de Museoloxía e Patrimonio histórico Artístico.

cartaz visita guiada pazo telleyro
cartaz visita guiada pazo Telleyro

As visitas guiadas realízanse o sábado 29 de Xullo de 2023 en dous tramos horarios (sesións) por orde rigurosa de inscrición. A primeira sesión entre 16.00 h-18.00 h e a segunda sesión entre 18.00 h-20.00 h. A actividad é gratuita.

O lugar de encontro para a realización da actividade é o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (fronte a Casa da Cultura do Concello). As inscripcións quedarán rexistradas en riguroso orde de chamada ao teléfono do concello de Sandiás (988 46 50 01).

Aproveita a oportunidade para descubir o pazo por fóra (blasóns, patins, pombar, souto, capela…); por dentro (salón, fotografía antiga, linaxes, cabalerizas, cocheira…); e tamén para descubrir os segredos que nos mostra (O “Mergullo”, o caso de Liberata da Aira, as 300 carballeiras centenarias, o roubo a dona do pazo Isabbel Arce, os linaxes e as súas características, o papel de Paiva Couceiro “vivaqueando” pola Lagoa de Antela lonxe dos carabineiros de Chaves, as partidas de armas no telleyro e os Añel, forxa de terratenentes).

cartaz visita guiada areeiras sandiás
cartaz visita guiada areeiras sandiás

Da mesma maneira iniciase a I Visita guiada ao patrimonio xeográfico-mineiro, natural e histórico-etnográfico das Areeiras de Sandiás. As visitas guiadas realízanse o sábado 29 de Xullo de 2023 entre as 9.30 h-13.30 h. A actividad é gratuita e conta con varios especialistas nos diferentes patrimonios, entre eles, Serafín González, Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

O lugar de encontro para a realización da actividade é o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (fronte a Casa da Cultura do Concello). As inscripcións quedarán rexistradas en riguroso orde de chamada ao teléfono do concello de Sandiás (988 46 50 01).

Aproveita a oportunidade para descubir o patrimonio xeolóxico-minerio visitando “in situ” unha explotación dunha charca areeira, o patrimonio natural observando variedade de aves e visitando os proxectos da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e o patrimonio histórico etnográfico coñecendo os primeiros habitantes dos Palafitos na Lagoa de Antela e a Arquitectura en terra das Casas dos Terróns, visitando algunhas aldeas ao carón da Lagoa.