A fariña purificadora unirase á auga de “Stephanie”

Predicion fareleiro
A fariña purificadora unirase á auga de “Stephanie”
O primeiro domingo do ciclo do Entroido de Xinzo estará case seguro pasado por auga REDACCIÓN redac@dendealimia.com O ciclo do Entroido limiao comeza...

O primeiro domingo do ciclo do Entroido de Xinzo estará case seguro pasado por auga

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

O ciclo do Entroido limiao comeza mañá coa celebración do Domingo Fareleiro, no que desta volta, a fariña unirase á auga que nos traerá o temporal “Stephanie”. Esta batalla campal na que a única arma son os farelos enfouzará un ano máis a todos os que se acheguen á Praza Maior de Xinzo. De seguro todos acabarán bañados nunha mestura de fariña, salvado e chuvia que sen dúbida afastará o mal de ollo cando menos ata o Fareleiro que ven.

Se queres consultar máis detalles sobre o tempo que fará mañá, recordámosvos que o portal de meteoroloxía 4gotas ten un evento dedicado ao noso Entroido, preme aquí para consúltalo. Pero recorda que a choiva non é escusa para non enfariñarse!