Xa está na rúa o nº 62 da revista Paspallás
Un monográfico moi especial que recolle os fitos máis salientables dos primeiros 50 anos de GOG-SGHN.
Para a Xunta Directiva Xeral de SGHN é un auténtico pracer anunciar a publicación do Paspallás nº 62, un monográfico moi especial que recolle os fitos máis salientables dos primeiros 50 anos de GOG-SGHN.
Probablemente esta recompilación de actividades de todo tipo a prol do patrimonio natural galego desenvolvidas por SGHN impresionará a moitos, dentro e fóra de SGHN. Honestamente pensamos que non é para menos, pois a súa lectura impresiona mesmo aos propios membros da Xunta Directiva Xeral de SGHN.
O inmenso traballo que se recolle nas páxinas do Paspallás nº 62 sería imposible sen o apoio altruísta, apaixonado e inspirador dos socios/as e simpatizantes de SGHN. Ningunha axuda foi pequena, e todas fixeron bo o dito de que non hai maior erro que o de quen non fixo nada pensando que tan só podía facer un pouco.
PD: Para non saturar os buzóns de correo electrónico, axuntamos un PDF comprimido do Paspallás nº 62. Podes descargar un PDF de boa resolución na seguinte ligazón: https://sghn.org/wp-content/uploads/2023/09/Paspallas_62_21_Mb.pdf
Para descargar o número prema aquí.