A comisión das festas e do Entroido busca novos membros

A comisión das festas e do Entroido busca novos membros

Reunión aberta a novas incorporacións este venres 2 de xuño

Como anuncian nas redes sociais, as festas e o Entroido non entende de política nin de políticos, polo que estando a escasos dous meses da celebración das festa patronais, a comisión das festas e do Entroido (ata agora) pretende unha vez máis que se incorpore nova xente para formar parte da comisión organizadora das festas de Sta. Mariña e o Entroido 2024, ata agora, encargada da organización por designación do concello.

Entenden os membros que unha vez que haxa novo goberno e novo concelleiro de Cultura, estarán a mercé do que eles lles indiquen, pero dende a constitución da corporación ata a celebración das festas quedan exactamente 30 días.