Lévanlle o bolso polo método do tirón
As 11:30 da noite de onte e en pleno casco urbán de Xinzo
A vítima, ademais de levarlle a mochila, na que tiña cousas persoais, e o móbil, recibiu un golpe na fronte, pola que sangraba.
A coñecida veciña da vila , que rexenta un establecemento de hostalería na vila foi asaltada cando se dirixía o seu domicilio. A altura do nº 50 da rúa Marcelo Macías da nosa vila, foi abordada por un mozo en bicicleta que lle arrebatou a mochila.
Cos berros que daba a vítima, segundo ela pedindo auxilio, alertou a veciñas que saíron a ver o que acontecía, pero que non puideron facer outra cousa que atendela, e tratar de tranquilizala do estado en que se atopaba. Acompañárona ata o domicilio e supoñen que posteriormente faría a pertinente denuncia.
A VITIMA NON LEVABA CARTOS NESE MOMENTO
Que se teña constancia, é a primeira vez que ocorre un acontecemento coma este, que atenta directamente contra alguén a esas horas da noite. Suponse que o autor a estaría vixiando no establecemento e pensaría que levaba a recadación do dia, cousa que segundo manifestou a vítima, non levaba cartos.