Un Petardazo fresquiño pero con moita gana de Entroido

IMG_9218
Un Petardazo fresquiño pero con moita gana de Entroido
Os limiaos abarrotaron onte a noite a praza Carlos Casares para dar a benvida a Don Carnal REDACCIÓN redac@dendealimia.com As baixas temperaturas que...

Os limiaos abarrotaron onte a noite a praza Carlos Casares para dar a benvida a Don Carnal

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

As baixas temperaturas que marcaban tan só seis gradiños nos termómetros de Xinzo de Limia onte a noite, non impediron que os entroideiros e entroideiras abarrotasen a Praza Carlos Casares. Ao fío da media noite, a vila sentía o Pertardazo que marca a saída dun mes enteiro de celebracións na honra do Entroido.

Presidiron o acto desde o balcón da Casa da Cultura os concelleiros de Cultura e Facenda, Carlos Gómez e Antonio Fernández que foron os encargados materiais de lanzar o tan esperado sinal cando o contador marcaba "Fin". A fin da espera e o comezo da festa que continua esta tarde coa celebración do Domingo Fareleiro.

Non perdas todas a fotos de onte a noite na nosa galería! Preme aquí e búscate no Petardazo!