Este domingo celébrase o San Sebastián máis festeiro da historia
22:45 18/01/17
22:45 18/01/17
Haberá orquestras e charangas ademáis dos tradicionais actos relixiosos.
Este domingo, día 22 de xaneiro, Xinzo de Limia celebra as festas do seu patrón San Sebastián. Segundo veñen de informar dende a Concellería de Festexos, a diferenza doutros anos, nesta ocasión organízase un día completo de festa con charanga e orquestras, a maiores dos tradicionais actos relixiosos de das celebracións do Día da Policía Local.
A Asociación LIMISI-Diversidade Funcional aproveitará a coxuntura para montar un posto de venda de productos co obxectivo de recadar fondos para financiar a súa labor.