Concerto de Nadal en Xinzo de Limia
19:00 10/12/19
19:00 10/12/19
Con motivo das celebracións de Nadal, este 21 de decembro de 2019 ás 20:00h terá lugar na Igrexa Nova de Sta. Mariña o Concerto de Nadal organizado pola Escola de Música da Limia, Centro Autorizado pola Xunta de Galicia.
Neste concerto participarán a Xoven Coral Santa Mariña; a Banda de Música Infantil da Limia; a Coral Polifónica Santa Mariña; e a Agrupación Musical da Limia. Ademais, conta coa colaboración do Concello de Xinzo; a Parroquia Santa Mariña de Xinzo; a Xunta de Galicia; a Deputación provincial de Ourense; UNED Ourense; e a Escola Galega de Dirección de Banda (EGADIB).