O delegado do Goberno visitou coa alcaldesa de Rairiz o Castelo da Saínza

Pedro Blanco coa alcaldesa e concelleiros de Rairiz
O delegado do Goberno visitou coa alcaldesa de Rairiz o Castelo da Saínza

Pedro Blanco pon en valor o compromiso do Goberno co concello de Rairiz de Veiga, cun investimento superior aos 200 mil euros

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, aproveitou a súa visita ao concello de Rairiz de Veiga para supervisar coa súa alcaldesa, Asunción Morgade, e pór en valor os investimentos do Goberno na localidade, que superan os 200.000 euros.

IMG_1852
Pedro Blanco e Asunción Morgade

O delegado, que tamén aproveitou para coñecer as demandas da veciñanza de Rairiz de Veiga, desprazouse ata o Castelo da Saínza, declarado Ben de Interese Cultural, onde puxo o concello como exemplo da aposta do Goberno polos pequenos concellos, “que están chamados a ser protagonistas da transformación de España cara un país verde, dixital, sostible e cohesionado”.Na mesma liña, destacou o compromiso do Goberno co rural e o seu desenvolvemento e, en especial, para facer fronte ao reto demográfico

Eficiencia do alumeado público

No que respecta á transición verde, o delegado falou da axuda de máis de 200.000 euros concedida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica coa que o Goberno local afrontou a mellora enerxética do alumeado municipal deste concello.

A actuación, que se atopa neste momento na súa segunda fase, consiste na substitución de luminarias de tipo tradicional por luminarias tipo LED, de maior rendemento e eficiencia, xunto coa substitución dos cadros de mando.

Cobertura de internet de alta velocidade

O delegado do Goberno tamén salientou o impacto dos investimentos en dixitalización que está a executar o Goberno, a través do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e que tamén chegan a Rairiz de Veiga co Programa UNICO-Banda Ancha, financiado con cargo aos fondos do Plan de Recuperación do Goberno.

Pedro Blanco detallou que o Programa UNICO-Banda Ancha facilitará a conexión de banda ancha con velocidade ultrarrápida a 370 vivendas e empresas de Rairiz de Veiga, o que na práctica supón a completa dixitalización do territorio municipal, dotándoo de acceso con velocidades de 300Mbs.

Pacto de Estado Viogen

Por último, lembrou que o concello de Rairiz de Veiga está incorporado ao Sistema de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Xénero do Ministerio do Interior – VioGén- e que este ano recibiu 1.737,74 euros dos Fondos do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero.