Manuel Mandianes visita Xinzo para participar nunha conferencia sobre Entroido
21:54 01/02/16
21:54 01/02/16
A cita é o martes ás 20h na Casa da Cultura
O antropólogo e escritor de Loureses visita a vila para falar sobre a orixe do Entroido nas celebracións funerarias. Falará sobre as distintas celebracións que fan os pobos deste festexo tan popular na provincia de Ourense.
A cita será o martes 2 de febreiro ás 20h na Casa da Cultura de Xinzo. O seguinte día, o mércores, visitará Verín para tratar tamén sobre a oride do Entroido a través desta conferencia e mesa redonda.