O Concello de Trasmiras decide cortar a auga pola noite e critica o "incivismo" dalgúns veciños
A actual situación de seca que está a suceder neste ano coma en ningún outro, obriga aos concellos a tomar medidas de aforro de auga e campañas de sensibilización e concienciación respecto ao uso responsable da auga.
Así, o Concello de Trasmiras decidiu cortar a auga dende as 22:00 horas ata as 8:00 horas e piden aos veciños facer un uso responsable desta.
O Concello comezou a revisar, de xeito diario, o contador principal do municipio e descúbrese que o consumo segue disparado pese ás peticións municipais para facer un uso responsable da auga.

Por outra banda, para favorecer o curso da auga, estase abrindo unha nova acometida para o depósito de Soutelo e así alimentalo cun maior bombeo, xa que é o principal suministrador dos núcleos de consumo.
Deste xeito, trataríase de retrasar un posible vaciado do depósito.
Un "consumo desmedido"
A falta de precipitacións é a principal causante desta situación en Tramiras, pero denuncian que o consumo desmedido dalgúns veciños non fai máis que agudizalo. A media de emprego diario supera os 470 metros cúbicos, con algúns días como o 31 de xullo ou o 4 de agosto nos que se superaron os 500.


No contador do que se recollen estes datos hai 836 empadroados e, tendo en conta que a poboación no verán se pode chegar a duplicar, os números arroxan unha media de consumos de máis de 280 litros por usuario ó día.
Isto supón que en Trasmiras se supera o dobre da media de auga que gasta un español, segundo os datos do INE, que se atopa en 133 litros por habitante diarios.
Emilio José Pazos Ojea, o alcalde, é contundente: “Que en Trasmiras se esté consumindo máis do dobre da media española evidencia que, como sospeitabamos dende o Concello, os usos que se lles está dando á auga non son os que contempla a normativa reguladora”, apunta o rexedor.
A auga, un ben escaso
Os números exprésase que son tan alarmantes que nalgunhas xornadas se chegan a consumir preto de 330 litros por veciño ó día, polo que o Concello incide na necesidade de tomar conciencia e evitar un consumo excesivo "dun ben escaso" como é a auga.
Desde o Concello apelan á responsabilidade individual, “non queremos chegar a tomar medidas máis drásticas, pero quero que os nosos veciños teñan claro que é para min unha obriga proporcionar servizos básicos ao meu Concello”, expresou o alcalde Emilio José Pazos.