Mañá comezan as Festas de Santa Mariña

Mañá comezan as Festas de Santa Mariña
As festas de Santa Mariña arrancan coa proxección do documental O Gran Camiño e o posterior concerto de Gin Toni´s

Ao son de Previdos, cámara, acción! Comezan mañá as Festas de Santa Mariña.

Proxección: O Gran Camiño

ÁS 21:30 NA PRAZA DE ORIENTE

Alba Prol e Raúl García son os directores de O Gran Camiño, a súa proxección é a primeira actividade organizada para estas festas.

O Gran Camiño é un documental que pasou por moitos festivais por todo o planeta e que promete visitar "as mellores rutas a pé do mundo". Trátase dun documental que fomenta a exploración, tanto física, cos seus protagonistas viaxando por diferentes partes do mundo, como psicolóxica, "os grandes camiños sempre acaban en un mesmo".

GIN TONI´S

ÁS 00:00 NA PRAZA MAIOR

Neste primeiro día tamén terá lugar o primeiro concerto. Tocará Gin Toni´s, un grupo que se define a sí mesmo como "un grupo que fai versións de clásicos da música española". A música non vai faltar nestas Festas de Santa Mariña 2022 e qué mellor que bailar ao son das súas versións.