Un home sofre queimaduras graves tras arder o vehículo que conducía en Trasmiras

coche
Un home sofre queimaduras graves tras arder o vehículo que conducía en Trasmiras

O suceso tivo lugar na mañá do luns cando un home circulaba pola estrada N-525 á altura de Trasmiras. Por causas que aínda se investigan, o vehículo incendiouse e como consecuencia o condutor sufriu queimaduras graves, sendo a maioría nas extremidades inferiores.

O home saiu do coche envolto en lapas e os veciños axudáronlle a sacar a roupa mentres non chegaron os efectivos de emerxencia.

Ata o lugar dos feitos acudiu unha ambulancia medicalizada e o helicóptero con base en Ourense para evacuar o ferido ata o Hospital Povisa de Vigo. Mentres o home recibía asistencia sanitaria, os bombeiros de Xinzo procederon a apagar o lume que calcinou case por completo o vehículo.

A primiera hipótese do sucedido apunta que todo se debeu a unha avería no sistema eléctrico do coche o que produciu unha pequena explosión e o posterior incendio.