Sandiás organiza un Campus de baloncesto

Participantes do campamento de baloncesto
Sandiás organiza un Campus de baloncesto
Dentro dos programas veraniegos de conciliación familiar

O Programa de conciliación no verán de Sandiás está conformado especialmente (ademáis doutras actividades), polo Campamento Concilia 2023 e pola V Edición do Campus Arco de Baloncesto, da que o Concello de Sandiás é unha das institucións que ofrece as instalacións do Ceip de Sandiás e a Área Polideportiva de Couso de Limia. O primeiro celébrase entre o 28 de Xulio e o 5 de Agosto. O campamento comeza o 26 de Xuño e termina o 6 de setembro.

O Campamento Concilia 2023 ofrece un variedade de actividades para fomentar a conciliación, unha vida saudable e posibilitar a aprendizaxe dun lecer activo na época do verán e o Campus de Baloncesto Arco 2023 coas súas sedes en Xinzo de Limia e no Ceip de Sandiás é un evento deportivo que ofrece unha experiencia única buscando a excelencia e innovando coa colaboración de empresas e novos profesionais. Non caso de Sandiás alóxanse os xogadores/as, o staff técnico e os membros da organización e realizaranse entre outras, actividades e veladas nocturnas temáticas.

Un equipo dinamizador de máis de 20 persoas presenta unha oferta educativa integral formada polo baloncesto, concursos, momentos de diversión e actividades educativas do máis variado, incluido o contacto coa natureza, que no caso de Sandiás, materialízase na contorna da área polideportiva de Couso de Limia ao carón dunha expléndida carballeira.

Para máis información sobre o Campus Arco de Baloncesto: info@campusarco.com e na páxina web www.campusarco.com