Os máis pequenos gozaron coa ludoteca móvil instalada na zona do Toural de Xinzo
20:36 26/08/16
20:36 26/08/16
Ás 10.30 abría a ludoteca móvil instalada na zona do Toural. Multitude de nenos e nenas pasaron a mañá coas diferentes actividades programadas.
Algunhas delas consistiron nos tradicionais inchables.
Outras máis tecnolóxicas como un simulador de condución, karaoke e diversos xogos coa Playstation.
E de remate unha gran festa da escuma coa que gozaron os cativos e cativas.
A ludoteca móvil trátase dun proxecto que organizou a Deputación de Ourense coa colaboración do Concello de Xinzo de LImia.