A Deputación de Ourense presenta tres obras sobre Carlos Casares

Xulio Fernández, Rosendo Fernández, Bieito Ledo e Delfín Caseiro
A Deputación de Ourense presenta tres obras sobre Carlos Casares

"Ven a ser como un tributo a quen tanto contribuíu á cultura e á dignidade de Galicia, e en particular, á cidadanía da Limia"

O autor Carlos Casares é o protagonista das tres últimas publicacións que este ano apoia a Deputación de Ourense. As obras son Homenaxe a unha Amizade. Carlos Casares–Marcos Valcárcel; Lethes, (Cadernos culturais do Limia) nº 13 dedicado a Carlos Casares; e Carlos Casares (1941-2002). O legado dun escritor.

A presentación das publicacións tivo lugar hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da editorial Ir Indo, Bieito Ledo; o membro do Centro de Cultura Popular do Limia, Delfín Caseiro, e o director da revista Raigame, Xulio Fernández Senra.

A publicación conta con traballos de escritores de primeira liña como a poeta Chus Pato, o narrador Antón Riveiro Coello ou o director da Revista Tempos Novos, Luís Álvarez Pousa.

Rosendo Fernández destacou o importante labor que realiza o goberno provincial en materia cultural e que este ano ven a completarse co \“apoio a estas tres publicacións que versan sobre Carlos Casares, no seu gran ano, aínda que o escritor está sempre presente\”.

Xulio Fernández explicou que a obra Carlos Casares (1941-2002). O legado dun escritor nace do número 40 da Revista Raigame que foi dedicado a Carlos Casares. Xa na súa presentación no pasado mes de maio, o presidente da Deputación de Ourense valorou editar a publicación en formato libro, "a cal vimos a presentar hoxe pero coa inclusión de dúas novidades: unha achega de Delfín Caseiro sobre as colaboracións de Carlos Casares co Liceo e a bibliografía máis completa que existe de Carlos Casares", sinalou o director da revista Raigame. O libro poderase solicitar "a partir da semana que vén na Deputación de Ourense, no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo ou na Fundación Carlos Casares, de xeito gratuíto", explicou Xulio Fernández.

"Ven a ser como un tributo a quen tanto contribuíu á cultura e á dignidade de Galicia, e en particular, á cidadanía da Limia"

Pola súa parte, Delfín Caseiro, quen agradeceu o apoio da Deputación de Ourense que fixo posible a publicación dos últimos dous números da revista, explicou co contido deste número reúne 16 traballos relacionados coa figura e obra de Carlos Casares, "ven a ser como un tributo a quen tanto contribuíu á cultura e á dignidade de Galicia, e en particular, á cidadanía da Limia".

A publicación conta con traballos de escritores de primeira liña como a poeta Chus Pato, o narrador Antón Riveiro Coello ou o director da Revista Tempos Novos, Luís Álvarez Pousa. Unha publicación con traballos de alta valía que queren render homenaxe de palabras a quen tantas palabras nos deixou, a quen tanto contribuír a enriquecer a palabra, e para quen a palabra era como o respirar", explicou o membro do Centro de Cultura Popular do Limia.

casares

Na publicación tamén se recolle ademais desas colaboracións ensaísticas, o roteiro dos espazos limiáns polos que máis a miúdo transitou a vida de Carlos Casares, unha versión dramatizada do relato A Galiña Azul e os traballos premiados no II Certame Escolar Carlos Casares.

Por último, o libro Homenaxe a unha Amizade. Carlos Casares – Marcos Valcárcel, xorde porque Afonso Vázquez-Monxardín propúxome a idea de que o texto "Ourense, de auga e pedra", pouco coñecido se xuntara con dous textos nos que Carlos Casares fala de Marcos Valcárcel e Marcos Valcárcel fala de Carlos Casares. "É un libro que recolleita de preto de 100 ilustracións que fan referencia ao texto e axudan a reinterpretar a cultura de Ourense e a cidade de Ourense", explicou Bieito Ledo.

A publicación conta coas achegas dos textos no que Casares falou de Valcárcel e no Valcárcel falou de Casares xunto con dous pequenos ensaios sobre a historia da cidade: "Ourense, os momentos dunha cidade" de Casares, e "O divino roteiro de Valcárcel".