Os turistas leváronse moitos dos premios dos xogos populares en Baltar
A final de xadrez foi entre o madrileño Miguel e o valenciano Salva, quedando campión o madrileño.
A festa popular de Baltar, resultou un éxito, aínda que este ano non puidemos ver a caída do alcalde ao río, porque lamentablemente este está totalmente seco.

Fútboles, chave, corda, carreira de sacos e un longo etcétera foron os atractivos da tarde do sábado no caneiro de Baltar.
Unhas das probas máis concorridas foron a carreira de sacos para os máis cativos e o futbolín para os “menos”, que querían ver si aínda lle quedaban as habilidades de anos pasados.

Tamén a música popular foi un dos atractivos da festa, así como a cea campestre.
Un ano máis as autoridades provinciais visitaron o recinto podendo verse ao alcalde Fose Antonio paseando co Delegado da Xunta, supoñemos que pedindo axuda para algunha obra no lugar.

Ademais dos voluntarios do concello de Baltar, tamén axudaron no control da xente os voluntarios de Protección Civil de Xinzo.
