Cafe con... Antonio Fernández Veiga (Toni)
O café con Antonio Fernández Veiga (Toni, en adiante) sempre soe ser doado, porque aínda que xa cumpriu 53 anos segue a ser “o Toni de San Pedro” e sempre se lle recorda, aínda 30 anos despois como “O neno do PP”. Foi este fito o que embarcou a Toni na política, sempre municipal, aínda que estivo a un pelo de ser parlamentario galego, pero... De Toni, cando lle preguntas a xente o primeiro que che responde é o de , moi bo rapaz, e resulta que xa ten un mozo case tan maior como cando el empezou. Pero si hai unha cualidade que representa Toni como político Municipal e de partido esa é a Lealdade ás siglas e os mandos. E despois disto comezamos o café con... Toni

Ala polo ano 93/94, aterrou en Xinzo, para afincarse definitivamente aquí. A través dun traballo, como monitor de cursos de formación ocupacional é aí onde xa empeza a asentarse e a vivir na aldea paterna, San Pedro de Laroá. Aí foi onde comeza a súa andadura por Xinzo.
O seu primeiro mentor na política, e aínda hoxe foi un home que el define como moi importante nas filas do PP, Manuel López Casas, que tamén era da mesma aldea. E a partir de aí empezamos a andadura, con tan boa sorte que me designan presidente de Novas Xeracións. Unha andadura que arrincamos unhas 17 persoas. E co paso dos anos, 5, 6, ou 7 anos, creamos unha xunta local , a mais importante de Ourense, e de Galicia quizais a mais grande, para ser unha vila , como era a de Xinzo. Estamos falando de 430 afiliados de Novas Xeracións do Partido Popular.
A onde chegamos! Por que hoxe non hai Novas Xeracións do Partido Popular en Xinzo.
Quero entender que quizais a política esta mais ou menos apática, non se esta captando a xente como se facía antigamente, tamén o teño que recoñecer.
A xente agora xa empeza a distanciarse un pouquiño mais da política, aínda que participen e teñan a súa política interior, pero empeza a costar que a xente se quería involucrar mais. A xente agora quérese dedicar a vida fácil e mais tranquila.
As veces teñen vertigo a participar, pero unha vez que participan en listas electorais, ¡que terá a política que sempre engancha!. Tanto si podes estar gobernando como si podes estar na oposición , sempre engancha. A xente ten ganas de facer cousas por o seu pobo e que mellor trampolín de saída que exercitar a política local, no concello onde resides.
Toni sempre foi o afillado, o sobriño de alguén, tivo moitos padriños en política, López Casas, Isac Vila, Benito Gamallo, en Xinzo. Xa te sacaches todos ese “sambenito de enriba”?
Para min non foron sambenitos, todo o contrario, foi un privilexio, un orgullo e unha honra, que me houberan ensinado este oficio tan marabilloso que eles exercitaban moi ben. Era un tridente moi bo, eu crieime entre eles e todo o que aprendín , ese legado básico e non tan básico, teño que recoñecelo que foron eles os que me axudaron. Pero chega un momento en que os partidos políticos evolucionan , é normal, eles fóronse apartando da política, entón puxéronme ás e agora hai que aprender a voar.
Pero ti sempre os buscas, na anterior buscaches o Vila, que viñera a facer campaña.
Isac Vila, teño que recoñecer que é o presidente de honra do Partido Popular, foi alcalde durante moitos anos , foi un alcalde que deixou pegada en Xinzo , e hai que recoñecer que o desenrolo que houbo en Xinzo debese a súa xestión , como non de Antonio Pérez tamén , pero dende logo Isac Vila foi quen trouxo os adiantos e os avances todos a Xinzo.

Falache de Antonio Pérez, pero... agora onde esta?
Antonio Pérez é unha persoa que poderá estar no sitio que el queira estar, oxalá colabore. É un home do Partido Popular, non mantiven ningunha conversa con el , pero bueno, é un home que fixo tamén historia no concello de Xinzo.
Agora xa vamos empezar a falar de futuro. tu desta vez encabezas por dereito propio a candidatura do PP, pero o Toni é un home de partido, ti vas a estar onde che manden.
Nunca mellor dito, vou estar onde me mande o meu partido e onde o me mande o meu presidente provincial, Manuel Baltar.
Esta vez é a segunda que saes de cabeza de partido. Todo o mundo esta tendo moitas dificultades para facer as listas, do 1 o 10, que dificultade esta tendo a confección da lista do PP?
Confeccionar unha lista electoral é o mais complicado que pode ter unha campaña electoral, tes un problema cando non tes xente para confeccionar a lista, pero o mais grave é cando tes xente de mais. Quizais é mais grave cando lle tes que dicir que non hai sitio para todos, soamente poden ser 23 os “elixidos”, porque moita xente que se ofrece a participar non lle podo dar cabida, non lle podo dar cabida a todos.
Teño xente que se me ofreceu, e espero que de todo ese conglomerado temos que sacar 13 representantes titulares e 10 suplentes.
Aquí o importante é gañar as eleccións con maioría absoluta e facer xestión neste pobo.
De eses 13 que vas a presentar na primeira parte, cantos esperas sacar?
Sinceramente, o Partido Popular necesita gañar con maioría absoluta, a xente , os veciños e veciñas de Xinzo necesitan un goberno estable, sólido e con proxecto único. E senón as probas nos remitimos do que esta pasando en Madrid, e do que esta pasando no cuadripartito con xestión cero, é un trilerismo político. Si que hai que recoñecer a virtude de que cara a rúa se levan ben , pero de portas a dentro a cousa non funciona tan ben. E dicir, foi todo moi partidista estes 4 anos, e Xinzo necesita servicios. Eu son dos que digo que este goberno esta gobernando os fines de semana, todas as campañas son solidarias, que nos estamos totalmente de acordo, pero de luns a venres este concello esta paralizado, por iso digo que son un goberno para o fin de semana, concertos, cousas de cultura, cousas de deporte, pero que fan de luns a venres? Nada, cero. Pero eu visitando aldeas, tendo reunións de partido cos pedáneos, cóntanos o que esta ocorrendo no medio rural, servicios básicos sen atender.
Nos ata 7 encantados, 7 seria un proxecto único do Partido Popular, un goberno sólido, que é o que necesita Xinzo.
Cada vez o ten mais complicado o PP pactar con alguén se non saca maioría absoluta
Non podemos falar de pactos, nos saimos a gañar, se algún dia tivera que chegar a circunstancia de pactar habería que ver que opcións hai, porque tamén se podería deixar gobernar o partido mais votado, tamén podería ser outra opción.
Se a Toni o dia 7, os votantes de Xinzo lle dan a maioría absoluta, por onde empeza?

A traballar, dende o minuto cero a traballar. Nos temos uns pilares básicos , un é a potenciación do parque empresarial (a ampliación do parque empresarial deixoulla preparada o PP a este cuatripartito) , trataremos de demostrar a creación dun centro de iniciativas empresariais, a creación dun multiusos ou auditorio ten que ser xa, inminente, sobre todo ca cantidade de músicos que temos neste concello, unha residencia para a terceira idade, con cabida para todos os nosos veciños e veciñas, a potenciación do plan de regadío, nos fixemos moitas xestións e presionamos o concelleiro para que atendera esas peticións e que todo o mundo tivera as opcións de mellorar ese regadío, porque vamos a mellorar moito a produción e calidade na Limia.
O Partido Popular vai intentar non tirar a presa de Gudín?
Fariamos iso porque nos daría para unha recuperación de zona de baño, para unha recuperación de toma de auga dos helicópteros en caso de incendio, para incluso, o mellor no seu momento, ter unha viabilidade suficiente para poder abastecer pobos como Xinzo, polo tanto eu trataría de manter a presa de Gudín.
Avenida de Ourense, que me dis de iso?
Eu estou de acordo que todo remodelado, porque os veciños e veciñas necesitan mellores servicios, necesitan unhas beirarrúas como as que estaban e unha zona de aparcamento como a que estaban, pero en Xinzo non fan falta unhas beirarrúas tan grandes pérdense aparcadoiros e os comerciantes quéixanse. Para a xente do día a dia non me parece para nada operativo.