PUBLICADO O PROTOCOLO COVID PARA AS FESTAS DE ENTROIDO

Sábado Entroido014
PUBLICADO O PROTOCOLO COVID PARA AS FESTAS DE ENTROIDO
Estracto normas COVID - FESTIVIDADE DO ENTROIDO

1.- Medidas de protección individual

.-Obrigatoriedade do uso da máscara

.-Distancia interpersoal mínima de 1,5 metros

2. Medidas organizativas

. Distancia de seguridade interpersoal

.Celebración de desfiles, exhibicións de música ou baile itinerantes en espazos abertos e con acompañamento de público na vía pública: A utilización da vía pública para a celebración de desfiles ou exhibicións de música ou baile deberá esenvolverse nas condicións que deberá determinar a autoridade municipal correspondente

O concello debe velar polo cumprimento das medidas de seguridade, hixiene e distancia interpersoal vixentes, así como de autorización de utilización de espazos públicos, de ser o caso.

Celebración de espectáculos musicais ou artísticos de carácter estático ao aire libre

No caso de que se organicen espectáculos musicais ao aire libre, fóra de recintos pechados especificamente habilitados para o efecto, as medidas xerais aplicables serán as seguintes:
Deberán realizarse en espazos acoutados, sectorizados, perfectamente delimitados e pechados, aos cales unicamente se poida acceder polos accesos autorizados.
Os espectáculos musicais/artísticos ao aire libre poderán desenvolverse co 100 % da ocupación máxima permitida.
Na zona de público non están permitidas as carpas con lonas laterais que impidan a ventilación natural.

Non está permitido fumar, consumir outros produtos do tabaco nin consumir cigarros electrónicos na área de público.

Atraccións de feira

.-Nos espazos en que se instalen atraccións de feira, respectaranse a distancia de seguridade interpersoal e as medidas hixiénicas exixibles a cada instalación ou actividade.

.-Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas atraccións e postos instalados.
.-Tanto os asistentes como o persoal das atraccións deberán levar máscara de maneira obrigatoria e lembraráselles aos asistentes, por medio de carteis visibles, a dita obrigatoriedade, así como as normas de hixiene e prevención que deben observar.

PARA VER AS NORMAS COMPLETAS PREMA AQUÍ