Seguen as visitas programadas ao Museo Galego do Entroido

1212121
Seguen as visitas programadas ao Museo Galego do Entroido

Na mañá do mércores tocoulle o quenda aos rapaces e rapazas de 5 anos do CEIP Mestre Vide de Ourense que solicitaran xa fai tempo a visita.

Nin que dicir ten que a visita foi seguida con moita atención polos cativos, pódese comprobar na instantánea, aínda que segundo manifestaron os responsábeis do museo algún que outro cando chegou a sala principal e se atoparon de fronte coa máscara de Viana do Bolo, o susto tardóuselle de sair do corpo.

mestre vide2

Houbo outros rapaces e rapazas que xa coñecían perfectamente a Pantalla, posto que aínda que tendo tan solo 5 anos, xa levan vindo ao Entroido de Xinzo dende cativas e cativos e sobre todo despois do traballo, que seica levaron pintando e modelando dende fai días a Pantalla do noso Entroido. Quizás sexa porque a profesora é veciña de Xinzo e unha gran experta en manualidades.