Sandiás continúa coa instalación de luminarias LED
Despois de varias fases de instalación de máis de 480 puntos de tecnoloxía led en case todas as aldeas do concello, na sexta fase executouse a instalación led no interior da aldea de A Corga e na aldea de A Ladeira.
En total 31 puntos led cunha inversión de 17.369,95 Euros aportados polo Fondo de Compensación Ambiental (Xunta de Galicia). En total, a suma das inversión totais ata o momento ascente aproximadamente a case 300.000 euros. Operarios especializados pertencentes a empresa Elyte levan a cabo os traballos de instalación.
Con esta nova tecnoloxía LED o concello adapta de xeito progresivo as instalacións á normativa vixente e aos niveis de iluminación regulamentarios, gana en sustentabilidade ambiental, na mellora da eficiencia enerxética e nun significativo aforro económico que se poderá destinar a outros proxectos sociais e de servizos do concello.