Dis que din que en Baltar este finde houbo de todo

Baltar 1
Dis que din que en Baltar este finde houbo de todo
Eu preñei para poder herdar, pero saíume mal e agora teño que casar

Este fin de semana Baltar estivo cheo de acontecementos. Reabriuse un restaurante cafetería A Vaqueira, con moito éxito, propiedade entre outros do noso amigo Eladio e saíron por primeira vez este ano os parapentistas que están preparando o campionato de España a celebrar en Xullo.

E falando de celebracións, e esta foi a máis sonada , un grupo de mozos e mozas da comarca da Limia, fixéronlle unha despedida na casa de turismo rural que hai en Baltar, e vaia si se fixeron notar.

A metade do pobo foise ata o fondo do mesmo para ver que pasaba, pensando que o alcalde, que por certo estaba en Sevilla, contratara unha discoteca móbil. A música escoitábase dende a carretera. Como xa digo moitos se achegaron e quedaron a escoitar, agradecendo a selección musical. Algunhas das cancións tiñan bastantes máis anos dos que a puñan e bailaban.

Simplemente dicir que a da despedida, moi coñecida na comarca, non deixaba de repetir:

Eu preñei para poder herdar, pero saíume mal e agora teño que casar