O PSdeG solicita a creación dun gabinete de crise na Deputación de Ourense

O PSdeG solicita a creación dun gabinete de crise na Deputación de Ourense

O PSdeG solicitou esta mañá a constitución urxente dun gabinete de crise na Deputación de Ourense, que estea en contacto cos numerosos concellos afectados pola vaga de lumes que arrasan a provincia dende hai semanas, para coordinar os servizos de emerxencias provinciais cos servizos doutras administracións. Os socialistas recordan que a Deputación Provincial elaborou un mapa de emerxencias que debe ser un piar base de todos os servizos públicos nestas graves situacións.

O portavoz provincial do PSdeG, Francisco Fraga, recorda que "a institución provincial ten a obriga legal de cooperación".

A solicitude dirixida ó Goberno provincial, tamén reclama por a disposición dos alcaldes e alcaldesas dos concellos afectados, de xeito inmediato, todos os medios da deputación para axudar a reparar os cuantiosos e graves estragos. O PSdeG tamén reclama a constitución inmediata de equipos de valoración de danos, que recollan datos dos municipios para que, posteriormente, se poidan dirixir á Xunta de Galicia e ó Goberno central na procura de axudas. Asimesmo solicitouse a celebración dunha reunión urxente con alcaldes e acaldesas dos territorios damnificados para coñecer as súas demandas.

O portavoz provincial do PSdeG, Francisco Fraga, recorda que "a institución provincial ten a obriga legal de cooperación municipal polo que é perentorio que non se poña, coma sempre, de perfil e actúe sen demora, xa que a situación é moi grave". Fraga explica que "o PSdeG ourensán está farto de medias tintas porque, en Ourense, os lumes non son ningunha excepcionalidade nunha provincia arrasada por grandes incendios cada ano". "Esiximos solucións e responsabilidades e esixímolas xa porque estamos fartos de promesas incumpridas que non valen para nada, mentres os lumes queiman casas, granxas, negocios ou patrimonio natural", insiste o portavoz mentres denuncia que \“Ourense arde todos os anos e moitos miran cara outro lado\”.