Colisión frontolateral entre dous turismos no concello de Xinzo

IMG-20200506-WA0015[208]
Colisión frontolateral entre dous turismos no concello de Xinzo
Os dous condutores saíron ilesos e sinistro total os dous vehículos

Ourriu ás 18: 15 horas de hoxe, no vial que comunica as localidades de Lamas e Guntimil, no concello de Xinzo de Limia (Ourense).
Os vehiculos implicados: seat cordoba e dacia dokker. afortunadamente e, a pesar da aparatosidade do sinistro viario, ambos os condutores resultaron ilesos; con todo, foi preciso mobilizar: unha patrulla de motoristas do destacamento de tráfico da garda civil de Verín, unha patrulla de seguridade cidadá do posto de Calvos de Randín e o equipo de protección civil de Xinzo de Limia.

IMG-20200506-WA0011[206]