Manuel Corderí do Partido Popular dimite como concelleiro de Rairiz de Veiga
Os socialistas califican de "preocupante" a situación que vive o concello
O municipio de Rairiz de Veiga volve estar de actualidade por mor da inestabilidade política que vive o concello. A última nova afecta ó grupo de goberno con Asunción Morgade á cabeza que ten que facer fronte agora á dimisión de Manuel Corderí como concelleiro do Partido Popular.
Os socialistas falan de "imposibilidade de proseguir coa xestión municipal dentro da normalidade". O seu portavoz Pablo Lorenzo sinala que a situación é grave e incide en que " a acaldesa é incapaz de sacar adiante as súas propias propostas no pleno feito que xa causou a marcha dun dos seus concelleiros cara o grupo de sen adscrición".
A renuncia de Manuel Corderí farase efectiva nun pleno extraordinario urxente que se vai celebrar este xoves día 12 ás 13h na casa consistorial do Concello.
A este novo revés no goberno de Asunción Morgade súmanselle as recentes protestas dos seus tenentes de alcalde quenes manifestaron non ser informados pola súa rexedora dos feitos a tratar nos debates plenarios.
Os socialistas pola súa banda insisten na falta de transparencia que reina no Concello e engaden" pedímoslle á acaldesa que actúe para desbloquear esta penosa situación"