Morre tras caer co seu vehículo ao río Limia en Rairiz de Veiga

Morre tras caer co seu vehículo ao río Limia en Rairiz de Veiga
Un home perdeu a vida este sábado ao caer co vehículo ao río Limia, na estrada próxima á Saínza de Abaixo en Rairiz de Veiga.

Sobre as 09:45 horas o 112 recibíu o aviso do accidente a través da Garda Civil, que alertaba da caída ao río Limia dun turismo, na estrada próxima á Saínza de Abaixo en Rairiz de Veiga.

Os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, mobilizaron ata o punto aos bombeiros de Xinzo de Limia e a Protección Civil da localidade, así como aos servizos sanitarios.

Foi ás 10:45 horas cando se conseguíu acceder ao vehículo pero xa nada se puido facer por salvar a vida do condutor e titular do coche, un home de 43 años veciño de Rairiz de Veiga.

Para sacar a vítima do interior do vehículo foi necesaria a intervención dos bombeiros, que realizaron labores de excarceración. Non tiña posto o de cinturón de seguridade e os servizos de emerxencia comprobaron os arredores do sinistro para certificar que non había máis persoas implicadas no accidente.