O stand do Concello, un dos máis visitados nas primeiras horas

O stand do Concello, un dos máis visitados nas primeiras horas

Os 300 pinchos acabáronse en pouco máis dunha hora

Practicamente a hora programada para o comezo da degustación e apertura do stand un dos que máis público recibira, era o do Concello.

Na caseta dedicada ao Entroido acudiron os membros do equipo de goberno para asistir á inauguración oficial. Tamén se encontraba no stand o técnico de Cultura Alfonso Lois e a responsable da degustación dos pinchos de pataca, Sonia Trigo, saidos da cociña do bar B´andos.

Pataca especias e ovo

Para as 300 persoas que tiveron a sorte de degustar o pincho, que todos e cada un deles, valorou como extraordinario dicir que, segundo a chef esta conformado por pataca cocida ou asada, machacalas, especiar e xuntar con ovo para despois fritir como se fosen croquetas.

NINGÚN MEMBRO DA OPOSICIÓN

Preguntamos si se invitara aos membros da oposición, contestando a alcaldesa que efectivamente si se fixera, para que estiveran presentes.

A hora da inauguración oficial solo estaban no mesmo os membros do grupo de goberno, aínda que si soubemos que o portavoz do PP, estivo tamén, escusándose por non poder facelo a hora da inauguración.