Faltan 90 días

Faltan 90 días

Todo o peixe está vendido

Parece que as cousas con respecto ós cabezas de lista por Xinzo xa está aclarada.

O PSOE, acaba de nomear por aclamación a Elvira Lama como a que vai a saír nos carteis electorais do 25 de maio.

O BNG, xa fai mais dun mes que escolleu o actual portavoz Ramiro Rodríguez, para encabezar a súa lista, na que parece que seguirá indo tamén o Sr. Carreira.

O PP, xa fixo a presentación fai meses, dos seus candidatos na Limia e loxicamente en Xinzo, aínda que Antonio Pérez, insistiu durante este tempo, que el aínda non dixera a última palabra. O que está claro é que a estas alturas, sen dicir nada, todo o mundo entende que a súa decisión xa está tomada e non pode ser outra que a positiva. O mellor, equivocámonos e unha vez rematado o entroido danos unha sorpresa, porque sería moi forte facelo en pleno ciclo do entroido. Se tivésemos que apostar fariámolo a pleno.

Por último o Sr. Pérez Campos, está a ter reunións con veciños para sacar adiante unha lista de independentes, para a cal xa ten o apoio da asemblea de Podemos, aínda que o que si sabemos e que non lle está resultando fácil facer a lista electoral.

Fai uns meses que dicíamos que o cabeza de lista de APGa nas últimas eleccións, Paco Romero, podería integrarse na lista do PP.Nestes momentos temos noticias que aínda que por parte do partido si quixeron traelo outra vez o \“redil\”, el non aceptou.

A outra candidata independente, parece que quedou cansada, co cal como dicimos \“todo o peixe está vendido\”.

Agora so queda esperar pouco mais dun mes para coñecer os compoñentes das listas, aínda que loxicamente, a que mais expectativa suscita é a do PP. Xa se ven carreiras nos concelleiros actuais para saber que pasa con eles, e outros que se descartan por motivos persoais, aínda que todos eles están o que diga o candidato Antonio Pérez \“o chavelleiro\”.

Luis Veloso