Asunción Morgade é a nova rexedora de Rairiz de Veiga

alcaldesa
Asunción Morgade é a nova rexedora de Rairiz de Veiga

Asume o novo mandato con "tranquilidade e normalidade"

Asunción Morgade Rúa de 29 anos converteuse na nova alcaldesa de Rairiz de Veiga. A investidura tivo lugar ás 10h desta mañá no concello. Faltoulle o apoio de dous concelleiros do seu grupo de goberno.

A nova rexedora, que ata entón era a número dous do equipo de goberno, asume esta etapa "con tranquilidade e normalidade" e di que conta co apoio dos veciños e veciñas de Rairiz de Veiga.

Logo de levar seis meses no mundo da política pasa a ocupar o posto que ata a semana pasada cubría Xaquín Rodríguez quen dimitiu tras ser condenado por prevaricación.

Asunción Morgade convértese na alcaldesa máis nova de toda a provincia de Ourense.