Da partida de Póker a unha de billar

billar-carambola-a-tres-bandas-frances-poolmania
Da partida de Póker a unha de billar

A enquisa en Instagram concluíu cun empate

Todos na rúa se preguntan de mañá de tarde e de noite, que como vai o dos pactos. Ninguén solta prenda cando estamos a pouco máis de 48 horas para que todo se decida no pleno a celebrar o domingo, de toma de posesión que dendealimia transmitirá en directo polas súas redes sociais.

Todo comezou fai uns meses coa que denominamos partida de póker na que cada partido foi presentando as súas cartas. Froito das que denominamos as eleccións mais abertas da historia de Xinzo, os resultados, podemos dicir, que non gustaron a ningún dos partidos que se presentaban.

Ao PP, porque baixou en votos e concelleiros, pensaba en 6 e sacou 4. Ao PSOE, tampouco, posto que aspiraba a subir a 5 por mor de ter a alcaldía durante estes catro anos, e tan solo sacou un cento de votos máis, iso si, lle concederon un concelleiro máis. AXIL, que saíu moi tímido a partida, veuse tan arriba que en algún momento ata pensou en sacar 4, conformándose iso si cos tres que sacou que lle outorgan a honra de ser chave de calquera goberno que se queira formar. O BNG, que debería estar pletórico polos resultados, tampouco lle valeron posto que aínda chegando aos 1000 votos e duplicando o numero de concelleiros, non lle chegan para que conten con el en calquera combinación que se faga.

AGORA COMEZOU A PARTIDA DE BILLAR A TRES BANDAS

E agora esta última semana comezaron as negociacións entre PP-AXIL- PSOE, para poder formar un goberno con maioría, sempre contando coa chave que teñen os de Amador, que polo que sabemos está pondo a partida moi complicada tanto ao PP coma ao PSOE.

Dendealimia fixemos unha enquisa de 24 horas en Instagram preguntando polas preferencias de pactos dando un resultado de empate ao 30% as dúas opcións de PP-AXIL e PSOE-AXIL.-BNG

No terceiro lugar co 21% dos votos o público que votou prefire un pacto PSOE-BNG e a porcentaxe mais pequena recibiuna o pacto PSOE-AXIL con tan solo o 19%.

Na enquisa participaron libremente e en segredo máis persoas que a feita no seu día polo xornal La Región .

E así as cousas, temos que esperar ao día de mañá para ver as caras que poñen no último pleno extraordinario desta corporación saínte, a ver si “pescamos algo” de como van as cousas.

Recordar que si non hai acordos para un candidato ou candidata que teña maioría dos votos, gobernará a lista máis votada, nesta ocasión a encabezada por Elvira Lama.