Arranca a concentración parcelaria de Guillamil-Rairiz de Veiga

Arranca a concentración parcelaria de Guillamil-Rairiz de Veiga
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se comunica a aprobación do Acordo de concentración parcelaria da zona de Guillamil-Sabariz, no concello ourensán de Rairiz de Veiga, e unha pequena parte do concello de Vilar de Barrio, que afecta a unha superficie de 1.368 hectáreas.
Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 18.875 parcelas de 1.071 propietarios en 2.129 predios, nun proceso que conta cun orzamento total de arredor de 4,5 millóns de euros.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.
Pódese consultar o anuncio no seguinte enlace do DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210729/AnuncioG0426-160721-0002_gl.html